Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow BARBANZA arrow O BNG de Rianxo solicita a posta en marcha do Consello Escolar Municipal
 
 
O BNG de Rianxo solicita a posta en marcha do Consello Escolar Municipal Imprimir Correo electrónico
Mércores, 07 Decembro 2005

RIANXO > O BNG de Rianxo ten previsto presentar na Comisión de Educación un proxecto de regulamento do Consello Municipal de educación. Os nacionalistas consideran urxente a posta en marcha deste órgano para dinamizar diversos aspectos educativos no municipio, con especial incidencia na formación profesional.

O grupo nacionalista de Rianxo vén demandando dende hai anos a posta en marcha do consello municipal de educación para solucionar diversos aspectos relativos ó ensino que están a ser problemáticos. Un dos máis importantes é o referido á formación profesional posto que actualmente non existe ningunha oferta para os estudiantes neste sentido posto que o clico de comercio e Márketin non se puido levar a cabo pola escasa demanda.
Segundo a presidenta da Comisión Educativa, Adelina Ces, o consello municipal consittuiría unha ferramenta moi útil para o tratamento das cuestións educativas por parte de tódolos sectores implicados.
Os nacionalistas consideran que a creación deste consello e doutros órganos de participación son precisos para a  mallora da democracia. Así mesmo, entenden a educación como un ámbito no que deben estar implicados tódolos sectores sociais e non unicamente profesores e alumnos.
Ademais de aborda-la problemática existente na formación municipal, o consello podería asumir outras funcións como a posta en marcha dunha escola de adultos, idiomas ou ensinanzas de réxime especial como a música.
Ademais das reunións periódicas de tódolos membros, crearíase unha comisión permanente para dinamiza-las funcións do órgano.

Así mesmo, tamén están contempladas as comisións específicas con axentes externos, especializados en temas concretos. A presidencia deste órgano recaería sobre o alcalde e o vicepresidente sería elixido polos membros do consello.

Redacción Barbanza
 
 


Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg