| Sentida homenaxe en Pontevedra ós Garda Civís asasinados por ETA |
|
|
| Martes, 11 Decembro 2007 | |
PONTEVEDRA > Familiares e amigos da garda civil de Pontevedra quixeron render un cálido homenaxe as dúas víctimas que se cobrou a banda terrorista ...
... ETA o pasado sábado nas proximidades da localidade francesa de Baiona. Un funeral e unha posterior ofrenda floral foron os actos que se celebraron para lembrar a memoria dos dous garda civís. A basílica de San francisco foi os escenario escollido por familiares e amigos da garda civil de Pontevedra para levar ó cabo o funeral polos dous garda civís asasinados a mans da banda terrorista ETA o pasado 1 de decembro nas proximidades da cidade francesa de Baiona. Un terrible acontecemento que fai remover as conciencias de todos aqueles achegados o corpo de seguridade da garda civil que quixeron render o seu particular homenaxe a Raúl Centeno e Fernando Trapero os últimos gardas civís caídos. Posteriormente, familiares e amigos dirixíronse cara a praza da liberdade da cidade para levar ó cabo unha ofrenda floral. A continuación un representante leu un discurso onde lembrou o obxectivo do acto así como a memoria dos dous falecidos. Xa cara ó final alentaron da necesidade de seguir loitando contra o terrorismo e favor da paz. Un caloroso aplauso serviu para pechar unha homenaxe que quedará na retina de todos coa fin de que actos coma este non se volvan repetir . Redacción Salnés |




PONTEVEDRA > Familiares e amigos da garda civil de Pontevedra quixeron render un cálido homenaxe as dúas víctimas que se cobrou a banda terrorista ...









