Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow PONTEVEDRA arrow Preséntase o libro “La correspondencia Gallega e o desastre do 1898”.
 
 
Preséntase o libro “La correspondencia Gallega e o desastre do 1898”. Imprimir Correo electrónico
Xoves, 13 Decembro 2007

correspondencia_100.jpgPONTEVEDRA > A deputación de Pontevedra presentou esta semana o libro “La correspondencia Gallega e o desastre do 1898”;...

... un ensaio escrito polo xornalista Xosé Miguel Alonso Bóo.

 O acto tivo lugar no pazo provincial e xunto co autor, tamén estiveron presentes os vicepresidentes da deputación, José Juán Durán, Teresa Pedrosa; o decano da facultade de Ciencias Sociais e da comunicación da universidade de Vigo, Alberto Pena, o enxeñeiro Ricardo García, e o presidente da sociedade San Vicente de Paúl, Ramón Millán. Todos eles quixeron ser partícipes desta nova publicación sufragada polo ente provincial, que recolle o xeito no que viviron os pontevedreses a guerra de Cuba e das Filipinas.

O autor relata tamén quen foron os mecenas galegos desta guerra, así como os persoeiros da nosa terra que tiveron algo que ver con ela.

Este libro vai máis aló de relatar os acontecementos históricos, e afonda nas causas, nos preparativos e consecuencias desta guerra, na que finaron 55.000 españois; aínda que só unha pequena porcentaxe, uns 2.000 efectivos se deberán a causas bélicas. Destes finados, 400 eran galegos, razón pola cal se salienta a importancia desta comunidade no desenvolvemento deste conflicto hispanoamericano.

Redacción Salnés.

 


Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg