Inicio arrow Noticias arrow Salnés - Caldas arrow Perla de Arousa actúa o sábado no auditorio de Vilagarcía
 
 
Perla de Arousa actúa o sábado no auditorio de Vilagarcía Imprimir Correo electrónico
Xoves, 13 Decembro 2007

danza_100_001.jpgVILAGARCÍA > A escola de danza Perla de Arousa presentou hoxe o Festival de Nadal que interpretarán este sábado ...

no auditorio de Vilagarcía. No seu repertorio, contarán con pezas de ballet clásico e outras de baile tradicional galego. O festival, enmárcase dentro do programa cultural de Nadal posto en marcha polo concello de Vilagarcía.

As alumnas de danza da escola Perla de Arousa van a interpretar este sábado varias pezas de baile galego e ballet clásico. As muiñeiras e foliadas seguiranse da adaptación do segundo acto da obra de Hoffman El Cascanueces, nun espectáculo no que a idade máis baixa das intérpretes é de 4 anos. Este ano tódalas alumnas participarán nas representacións da escola, coñecida pola súa dobre especialización na tradición clásica e o folclore galego. Un traballo que O edil de Cultura, Xosé Castro Ratón, resaltou hoxe.

O festival de danza enmárcase dentro da programación cultural do concello de Vilagarcía para o Nadal.

Redacción Salnés

 


ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg