Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow DEPORTES arrow O Extrugasa pasa de rolda na Eurocup pese a perder ante o BC Moscú
 
 
autonmicas09_top.jpg
O Extrugasa pasa de rolda na Eurocup pese a perder ante o BC Moscú Imprimir Correo electrónico
Venres, 14 Decembro 2007

bcmoscuvideo_141207_001.jpgVILAGARCÍA > Pese á derrota (71-84), as de Isaac Fernández continúan vivas na Eurocup, pasan de rolda coma terceiras de grupo e agora se enfrontarán ó Gran Canaria.

Intentouse por tódolos medios pero non puido ser. Había moitas gañas de revancha ante ás rusas pero foi unha americana a que desnivelou o partido: Monique Currie, 37 puntos e 8 rebotes para matar ela soiña a un Extrugasa ó que lle puido a ansiedade.

As vilagarciáns entraron ben no encontro, conseguindo unhas primeiras vantaxes de sete puntos (11-4 min.4). Pero ahí estaba Currie; sempre que o seu equipo a necesitaba, aparecía, ben acompañada nos primeiros compases por Danilochkina. Entre as dúas acortaron as diferencias a triple limpo.

Así as cousas o BC Moscú foille dando a volta o marcador e aproveitaron a empanada local para endosarlle un pacial de 9-30 que lles colocou dez arriba ó descanso: 38-48. Semellaba que o Extrugasa non podía defende-las rusas de ningunha das maneiras: non funcionaba a individual nin tampouco a zona.

Na segunda metade, as vilagarciáns saíron moito máis agresivas e ese pundonor mailo acerto de Miriam Herrera dende o 6,25 (tres triples consecutivos en dous minutos) colocou de novo no marcador un emocionante empate a 65.

Cun partido novo, con nove minutos por xogar, a ansiedade lles puido as vilagarciáns; a ansiedade, e Currie, que xogouse tódolas posesións do seu equipo, e non fallou. En tres minutos fatídicos, a ventaxe das rusas voltaba ós dez puntos. Ó final, 71-84, e o Extrugasa, pese a todo, estará na rolda de dezaseisavos.

O rival será o Gran Canaria; foron primeiras do seu grupo e iso dalles certo favoritismo, pero na liga española son oitavas e viaxan por detrás do Extrugasa. A eliminatoria será a ida e volta e contarase a diferencia de puntos. Fontecarmoa acollerá o primeiro partido alá polo 10 de xaneiro. Entre as ameazas do Gran Canaria, a americana Hodges e dúas vellas coñecidas da afección vilagarcián, Tuukannen e Piipari.

Sen tempo para o descanso, mañá a partires das 19:30 tocará vencer ó Rivas Futura en partido de Liga, se é que queren continuar nos postos de cabeza.

Redacción Salnés 

 


poio250_110310.jpgPOIO> Margarita Caldas, concelleira de deportes de Poio, presentou esta mañá a Carreira Popular por Haití que neste municipio vaise celebrar o vindeiro domingo. Ademais, levaranse a cabo varias exhibicións co obxectivo de recadar fondos para os afectados polo terremoto que sacudiu ó país caribeño o mes pasado.

basketcup250_100310.jpgVILAGARCÍA > A Vilagarcía Basket Cup disputarase este ano con case total seguridade no pavillón de Fontecarmoa. Así o anunciaron onte os organizadores do evento que acusaron ó concello de sumir ó torneo nun caos.

extrugasa250_100310.jpgSALNÉS> Nova victoria das vilagarciáns, desta volta en León, fronte ó Aros, no encontro aprazado non seu día polo temporal Xyntia. As de Tito Díaz non tiveron o seu mellor día pero puideron impoñerse.

Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com