Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow DEPORTES arrow Prolónganse as crises de resultados de Extrugasa e Inelga
 
 
Prolónganse as crises de resultados de Extrugasa e Inelga Imprimir Correo electrónico
Luns, 17 Decembro 2007

extru100vid_171207.jpgVILAGARCÍA > Partían coma favoritos nos seus respectivos encontros pero caeron derrotados. Só o Establecimientos Otero foi quen de gañar.

O Extrugasa continúa gafado de cara a victoria. A excepción do encontro do pasado xoves no que caeron por trece puntos ante o BC Moscú, tódalas derrotas do equipo vilagarcián esta temporada chegaron nos últimos minutos e por escasas diferencias. O sábado tamén, ante o Rivas Futura co que caeron por 67-69.

A falta de acerto nos tiros libres nos derradeiros intres foi unha das claves do encontro. Púidose sentenciar antes de chegar á agónica última posesión que condenou ó equipo de Isaac Fernández a colleita-la cuarta derrota en Liga. Cun punto arriba e trece segundos por xogarse, o técnico decidíu non facer falta na derradeira posesión das visitantes; así, Argüello anotou un triple que deulle-la victoria ás madrileñas. Pese a derrota continúan quintas e con moitas opcións de meterse na Copa da Raíña.

Tamén perdeu o Inelga, desta volta ante o Lan Mobel por 59-75. Foi baixa no encontro Juan Mato, que tras non aparecer ó adestramento do sábado foi apartado do equipo. No estrictamente deportivo, os vilagarciáns desperdiciaron unha renta de 15 puntos ó descanso. Unha desastrosa segunda metade, na que encaixaron un parcial de 19-50, condenou ós de Espiñeira á súa séptima derrota da temporada. Pablo Villaronga caeu lesionado e perderase a última xornada do ano.

Por último, o Establecimientos Otero non tivo problemas para superar ó conxunto compostelano de La Salle Inmaculada por 82-55. Os cambadeses continúan segundos na táboa seguindo a estela do Cafegal Pabellón, que esta xornada derrotou, non sen problemas, ó cuarto clasificado Basquet Coruña (73-64).

 Redacción Salnés

 


VILAGARCÍA> O Extrugasa voltou xa ó traballo. Onte tivo lugar en Fontecarmoa o primeiro adestramento do ano no que estiveron tódalas xogadoras do primeiro equipo, agás Marta Blanes e Romana Vinuchalova, que chegarán a finais de semana.

MEAÑO> No acto estiveron presentes os atletas Pedro Nimo, José Antonio Ramallo e Rafa Fuentes. A gran novidade deste ano é que a organización do evento pasou a mans do concello que substitúe nesa empresa á asociación GAM. Agardan un novo record de participación.

SALNÉS> Vai arrancar a temporada o Poio Futbol Sala, un club que durante este verán sufríu grandes transformacións, entre elas o cambio de nome, xa que antes era coñecido como o Ateneo Combarro. Os obxectivos son ambiciosos coa sección femenina e tamén coa masculina, que este ano se estrea.

Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com