Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio
 
 

Primeiro atropelo do ano en Vilagarcía 

VILAGARCÍA > O accidente tivo lugar o venres á noite na Avenida Rosalía de Castro de Carril.

Un turismo Ford Focus arrolaba a un mozo de 16 anos cando cruzaba por un paso de peóns. O rapaz resultou ferido leve cunha fractura de tibia.

  

 + máis

 
As traballadoras de MARSAC vixían as entradas e saídas da conserveira Imprimir Correo electrónico
Mércores, 07 Decembro 2005

O GROVE > As traballadoras de Marsac en O Grove continúan en pé de guerra. O luns comezaron as súas vacacións aínda que , a decisión da empresa de desmantelar as instalacións o vindeiro día doce, provocou que as empregadas organizaran un programa de vixilancia continúo para evita-lo. As traballadoras controlan todas as saídas da fábrica e non permitirán que saia ningún camión.

Unha gran caravana está situada na parte traseira, dende aquí vixían calquer movemento dende esta parte da empresa. Unha gran pancarta as identifica. Son as traballadoras de Marsac,  que controlan a fábrica as 24 horas por medo a perder os seus postos de traballo e que se desmantele a empresa antes do previsto.

 

Están dispostas a chegar ata o final. O obxectivo  primordial nestes intres é conseguir unha reunión coa Xunta, Concello e empresa para poñer todas as cartas enriba da mesa. O propio goberno autonómico lles informou que a intención da conserveira Alfagame é trasladar todo o proceso productivo a Vigo polo que despois de desmantelar en O Grove, iría a  fábrica de Ribadumia.

 

Ademais da vixilancia as traballadoras continúan concentrándose todos os días as portas do Concello. As mensaxes son sempre as mesmas, “queremos trasladar, levan o calamar”, “O Grove cos traballadores de Marsac” ou Queren que nos traslademos onde o futuro non vemos”.

Redacción Salnés

 


Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
CORPORATIVO
CANALRIASBAIXAS xa en TDT

CANALRIASBAIXAS estrea unidade móbil  

unidad_mobil_recortada_100.jpg

DEPORTES
Deporte Rías Baixas

futbol250_020109.jpgSALNÉS > Tralo parón de Nadal, volve o futbol en Terceira División, cun partido adiantado á xornada do sábado, o que disputará o Arousa no difícil campo do Cerceda. O resto de encontros quedarán para o domingo incluidos os de Portonovo, Céltiga e Vilalonga.

adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg