Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio
 
 

O sorteo do Neno deixa máis de douscentos mil euros en Ribeira  

RIBEIRA > A sorte acompañou ó Barbanza no sorteo do Neno que deixou en Ribeira máis de douscentos mil euros. A administración número 1 da capital barbanzá repartiu trinta series do número posterior ó segundo premio, o 56307, premiadas con sete mil euros cada unha.

  

 + máis

 
Non ós parques acuícolas Imprimir Correo electrónico
Xoves, 08 Decembro 2005

RIBEIRA > O concello de Ribeira vén de interpoñer un contencioso-administrativo contra o acordo do Consello da Xunta de Galicia polo que se aproba definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal de construcción de dous parques de tecnoloxía alimentaria nas zonas de Corrubedo e Aguiño. Dende o inicio deste proceso, o goberno municipal que preside Xosé Luís Torres Colomer, apostou por unha postura de consenso coas outras forzas políticas da localidade xa que considera que se trata de facer fronte común polos intereses de Ribeira.

O executivo ribeirés considera que a ubicación dos parques tecnolóxicos de Couso en Aguiño e Punta dos Corvos en Corrubedo non é a máis idónea, pois esta zona está incluída no Plan Xeral de Ordenación Municipal como chan rústico de protección de espazos naturais e de protección de costas polo que xa interpuxeron un recurso contencioso-administrativo contra o acordo do Consello da Xunta de Galicia polo que se aproba definitivamente este proxecto sectorial de incidencia supramunicipal. O Tenente de Alcalde ribeirés tamén considera que este parque tecnolóxico sería contrario ó desenvolvemento turístico sostible previsto polo actual executivo e sinalou que a aprobación deste plan sectorial non tivo en conta as consideracións medioambientais nin tampouco se realizou un estudo axeitado dos impactos medioambientais, turísticos, socioeconómicos e marisqueiros. Por estas razóns o executivo ribeirés vai continuar como ata o de agora defendendo a consideración desta zona como solo rústico de protección de espazos naturais e de protección de costas e espera seguir contando co respaldo dos restantes grupos municipais.

Redacción Barbanza

 


Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
CORPORATIVO
CANALRIASBAIXAS xa en TDT

CANALRIASBAIXAS estrea unidade móbil  

unidad_mobil_recortada_100.jpg

DEPORTES
Deporte Rías Baixas

futbol250_020109.jpgSALNÉS > Tralo parón de Nadal, volve o futbol en Terceira División, cun partido adiantado á xornada do sábado, o que disputará o Arousa no difícil campo do Cerceda. O resto de encontros quedarán para o domingo incluidos os de Portonovo, Céltiga e Vilalonga.

adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg