Inicio arrow Noticias arrow Salnés - Caldas arrow O Concello de Vilagarcia porá en valor o Castro do Alobre.
 
 
O Concello de Vilagarcia porá en valor o Castro do Alobre. Imprimir Correo electrónico
Xoves, 27 Decembro 2007

sinatura_convenio_100.jpgVILAGARCÍA > Esta mañá o Concello de Vilagarcía e Caixa Galicia asinaron un convenio de colaboración para a posta en valor o Castro de Alobre.

En virtude deste acordo, a entidade financeira aporta 15.300 euros que servirán ó Concello para desenvolver un completo de programas de actividades no mesmo xacemento arqueolóxico, situado no Montiño. Deste xeito, elaboraranse varios paneis explicativos, folletos divulgativos e mesmo material audiovisual que axuden á divulgar entre a cidadanía os achádegos deste castro; que inclúe unha das telleiras máis antigas do norte peninsular e das mellor conservadas de Galicia.

Nos vindeiros meses de febreiro a marzo, os visitantes poderán coñecer sobre o terreo o gran número de vestixios das culturas romana e castrexa encontrados neste punto.

Desde Caixa Galicia gabaron a importancia desta actuación municipal, que persegue rendibilizar as escavacións feitas neste punto ate o de agora, procurar que os cativos afonden nos seus coñecementos sobre o mundo antigo, e ó mesmo tempo, crear unha liña de turismo pouco explotada ate o de agora.

Pola súa banda desde o Concello, xa se están realizando xestións para ubicar nun futuro unha sala de exposicións, ca que completar o proceso de museización do mesmo.

Redacción Salnés.

 


ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg