Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow TAMBRE arrow Unha explosión de gas deixa dous feridos nunha vivenda do Freixo
 
 
Unha explosión de gas deixa dous feridos nunha vivenda do Freixo Imprimir Correo electrónico
Mércores, 02 Xaneiro 2008

explosiongas_100_020108.jpgOUTES > Os veciños do lugar do Freixo, en Outes, espertaron esta mañá alertados por unha forte explosión de gas acontecida nunha vivenda da zona.

O suceso saldouse con dúas persoas feridas de diferente consideración e cuantiosos danos materiais, posto que a casa quedou practicamente destrozada, trala espectacular explosión de gas rexistrada a primeira hora desta mañá.

explosiongas_300_030108.jpgO accidente acontecía pasadas as oito da mañá. O propietario da vivenda, Pedro Poncelos, levantouse ó percibir un forte olor a gas. Foi espertar ó seu fillo, quen encendeu a luz, provocando así o estoupido da bombona de butano.

No momento da deflagración atopábanse no interior da vivenda tres persoas: unha muller, que non resultou afectada posto que se atopaba na planta superior, o seu home que, a pesar de quedar atrapado baixo os escombros só sufriu feridas leves, e o seu fillo que tivo que ser trasladado de urxencia ó Hospital Clínico de Santiago, ante a gravidade das lesións que presentaba.

Os danos materiais foron cuantiosos posto que o primeiro andar da casa quedou practicamente destrozado. A explosión foi tan forte que numerosos veciños acudiron alertados para comprobar que pasaba e, eles mesmo, axudaron nas tarefas para liberar ós feridos dos escombros.explosiongas_200_030108.jpg

Redacción Barbanza

 


Publicidade canalriasbaixas.com
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg