|
O BNG readmite ós edís do Son que incumpriron o acordo marco co PSOE |
|
|
|
Mércores, 02 Xaneiro 2008 |
|
PORTO DO SON > Transcorrido xa medio ano dende as eleccións municipais, a dirección do BNG decidiu readmitir ós edís nacionalistas de Porto do Son.
Finalmente, a dirección do Bloque Nacionalista Galego resolveu favorablemente as alegacións presentadas polos concelleiros sonenses para a restitución dos seus dereitos dentro do partido, despois de que foran suspendidos de militancia por negarse a formar un goberno de coalición co PSOE, incumprindo así o convenio marco entre as dúas formacións políticas a nivel autonómico.
A dirección do partido acordou readmitir a Ánxela Franco, Xosé Manuel Alonso, Xoán Xosé León e María do Carme Varela, que ata o de agora integraban o grupo de non adscritos. A decisión susténtase na simple aplicación dos estatutos, dado que o o Partido Socialista incumpriu tamén os acordos de goberno no referente á presidencia rotatoria na Federación Galega de Municipios e Provincias sen que supoña unha ruptura do acordo xeral. O mesmo aconteceu cos edís nacionalistas de Muros e Corcubión.
Os concelleiros sonenses manterán este xoves a primeira reunión local para valorar a súa nova situación aínda que xa manifestaron a súa ledicia pola readmisión. Ánxela Franco explicou que nestes meses seguiron a traballar do mesmo xeito que dentro do partido pero que agora poderán facelo levando novamente levando as siglas que defenden. Trala xuntanza, que terá lugar mañá a partir das nove da noite, realizarán as primeiras valoracións oficiais.
Redacción Barbanza
|