Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow DEPORTES arrow A Copa da Raíña pasa por unha victoria ante o Olesa
 
 
A Copa da Raíña pasa por unha victoria ante o Olesa Imprimir Correo electrónico
Mércores, 02 Xaneiro 2008

extolesa100_020108_001.jpgVILAGARCÍA > Chegou a hora da verdade. O Extrugasa afronta probablemente as dúas semanas máis importantes do que vai de ano.

Primeiro, a Liga, ante o Olesa de Barcelona co que se xogarán boa parte das opcións de entrar na Copa da Raíña. Logo, tres partidos consecutivos ante o Gran Canaria, dous deles de Eurocup, no que loitarán por un posto nos oitavos de final da competición europea. O ciclo pecharase o día 20 en Salamanca ante o Perfumerías Avenida, un dos galos da categoría.

Esta serie de partidos veñen quizáis nun bo momento, despois de que o equipo despedira o ano cunha derrota ante o colista. Agora os ánimos están renovados, a moral polas nubes e as forzas recuperadas. 

O domingo terán un rival, o Olesa, que está indo de menos a máis, sobre todo grazas a unha xogadora, a pivot americana Willingham, que promedia algo máis de 18 puntos e 10 rebotes por partido e pasa por se-la mellor valorada da competición. Pese a todo, o técnico Isaac Fernández non se preocupa tanto polo rival como polo seu propio plantel.

No equipo nótanse as gañas de sacar adiante estes partidos, de gañalos. De tódolos xeitos, no queren meterse presión de cara á súa clasificación para a Copa da Raíña.

Estes días continuarán adestrando no pavillón de Fontecarmoa e o sábado viaxarán rumbo Barcelona para xogar ó día seguinte ante o Olesa. Esperemos que os Reis Magos se porten ben e traian de terras catalanas unha victoria como regalo para a afección vilagarcián.

Redacción Salnés

 


VILAGARCÍA> O Extrugasa voltou xa ó traballo. Onte tivo lugar en Fontecarmoa o primeiro adestramento do ano no que estiveron tódalas xogadoras do primeiro equipo, agás Marta Blanes e Romana Vinuchalova, que chegarán a finais de semana.

MEAÑO> No acto estiveron presentes os atletas Pedro Nimo, José Antonio Ramallo e Rafa Fuentes. A gran novidade deste ano é que a organización do evento pasou a mans do concello que substitúe nesa empresa á asociación GAM. Agardan un novo record de participación.

SALNÉS> Vai arrancar a temporada o Poio Futbol Sala, un club que durante este verán sufríu grandes transformacións, entre elas o cambio de nome, xa que antes era coñecido como o Ateneo Combarro. Os obxectivos son ambiciosos coa sección femenina e tamén coa masculina, que este ano se estrea.

Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com