|
Os mobleiros falarán o luns dos prexuízos da Feira do Moble Portugués |
|
|
|
Venres, 04 Xaneiro 2008 |
|
VILAGARCÍA > Fabricantes e vendedores de mobles reuniranse este luns na Cámara de Comercio de Vilagarcía para expor as súas queixas ...
... acerca da Feira do Moble portugués celebrada en Fexdega. Consideran indignante que as administracións apoiara esta feira, que lle supuxo unha competencia desleal.
A Cámara de Comercio de Vilagarcía reunirá o luns ó sector do moble da súa demarcación cun asunto central na orde do día: a feira do moble de Portugal, que se celebrou o pasado mes de novembro en Fexdega. Fabricantes e vendedores galegos denuncian a competencia desleal que lles supuxo. Estes mobleiros están sobre todo indignados polo apoio que lle deron as administracións e entidades da Fundación Fexdega á Feira da Capital do Moble de Portugal, e anunciada como Feira do Moble de Galicia. En novembro dirixiron escritos á Cámara e ó Concello de Vilagarcía. A primeira explicoulles que nin sequera acudiran á inauguración nin á clausura desta feira e finalmente convocou a reunión do luns. Pero desde o goberno local non tiveron resposta.
O prexuízo, segundo estes mobleiros, non é só para Vilagarcía senón incluso para toda Galicia, tendo en conta o alto nivel da feira que trouxeron a Fexdega. Comerciantes e fabricantes do moble advirten que agora son eles os prexudicados, pero que máis adiante poden ser outros sectores nos que Portugal tamén é punteira. Son algunhas das queixas que expoñerán na reunión convocada pola Cámara de Comercio. A xuntanza celebrarase o luns ás oito e media da noite na cámara de comercio.
Redacción Salnés
|