SALNÉS > Tralo parón de Nadal, volve o futbol en Terceira División, cun partido adiantado á xornada do sábado, o que disputará o Arousa no difícil campo do Cerceda. O resto de encontros quedarán para o domingo incluidos os de Portonovo, Céltiga e Vilalonga.
| Cabaleiros do Salnés e do Deza recorren a cabalo o Castrove |
|
|
| Xoves, 08 Decembro 2005 | |
|
MEIS > No Día da Inmaculada e a pesares do mal tempo algúns aproveitaron para practicar deporte e pasear. É o caso por exemplo dun grupo de xinetes de toda a provincia que se reuniron este xoves en Meis. A xornada de convivencia comezou cunha ruta a cabalo polo monte Castrove e rematou cunha comida e cunha tarde de xogos. Entorno ás nove e media da mañá deste xoves xa se comezaron a xuntar os cabalos no recinto da feira do gando de Mosteiro, en Meis. Os colectivos de Cabaleiros do Salnés e do Deza lograron reunir neste encontro a uns 65 xinetes provintes de ambas comarcas. O tempo non lles acompañou pero a pesares de todo colleron o seu equipo de equitación. A maior parte das saídas organizadas polos Cabaleiros realízanse no verán pero o outono e inverno son sen dúbida unha boa época para desfrutar da paisaxe a lomos dun cabalo. Os xinetes do Salnés e do Deza escolleron nesta ocasión unha ruta polo monte Castrove ata o curro da Escusa para baixar logo polo mosteiro de Armenteira e percorrer outros lugares do municipio de Meis. Esta xornada de convivencia rematárona cunha comida e unha tarde de xogos. Redacción Salnés
|














