Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio
 
 

Primeiro atropelo do ano en Vilagarcía 

VILAGARCÍA > O accidente tivo lugar o venres á noite na Avenida Rosalía de Castro de Carril.

Un turismo Ford Focus arrolaba a un mozo de 16 anos cando cruzaba por un paso de peóns. O rapaz resultou ferido leve cunha fractura de tibia.

  

 + máis

 
Nantes esgota case cen kilos de potaxe na Festa da Fabada Imprimir Correo electrónico
Xoves, 08 Decembro 2005

SANXENXO > Centos de persoas achegáronse hoxe á parroquia de Nantes, en Sanxenxo para participar na Festa da Fabada. A comisión practicamente esgotou as existencias, servindo case cen kilos de fabada e oitenta de empanadas. Con esta cita gastronómica, a parroquia inicia catro días de festa ata o domingo.

Nantes celebrou este xoves a súa tradicional Festa da Fabada coa preparación de cen kilos deste producto autóctono. A celebración chega xa á súa sexta edición e convértese xa nunha cita tradicional deste enclave do concello de Sanxenxo. Na preparación deste evento participa boa parte dos veciños da parroquia, que son os que se encargan de colleitar as fabas para o potaxe. A comisión de festas quere lembrar a importancia deste producto na economía local.

Veciños e visitantes non quixeron perderse esta cita gastronómica e correr o frío cunha cazola ben quentiña de fabada, a cinco euros a ración. Entre os comensais puidemos ver a varios membros da corporación municipal que deron boa conta dos productos da festa. Os que se achegaron á carpa instalada no campo das festas tamén puderon degustar empanadas, de bacalao, atún e carne, das que se prepararon ata oitenta kilos. O viño, tinto e albariño tampouco faltou. O resultado parece que foi bo a xulgar polos comentarios dos comensais.

Mentres uns degustaban, detrás un equipo dunhas trinta persoas leva traballando arreo toda a semana. O luns comezaron a recolleira de fabas polas casas e o martes xa se puxeron a remollo. A elaboración do potaxe comezou o mércores e non rematou ata o xoves pola mañá.

Redacción Salnés

 


Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
CORPORATIVO
CANALRIASBAIXAS xa en TDT

CANALRIASBAIXAS estrea unidade móbil  

unidad_mobil_recortada_100.jpg

DEPORTES
Deporte Rías Baixas

futbol250_020109.jpgSALNÉS > Tralo parón de Nadal, volve o futbol en Terceira División, cun partido adiantado á xornada do sábado, o que disputará o Arousa no difícil campo do Cerceda. O resto de encontros quedarán para o domingo incluidos os de Portonovo, Céltiga e Vilalonga.

adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg