| Fexdega perde tres feiras pero xa ten pechadas catorce no calendario 2008 |
|
|
| Mércores, 09 Xaneiro 2008 | |
|
As dúas primeiras levaranse a cabo en Vigo e SEDA, polo de agora non se fará. O xerente da Fundación resalta a importancia das feiras que si se levarán a cabo no 2008, como ACUI ou as tres exposicións caninas que xa están confirmadas. A feira de Panadería e Pastelería creouse con carácter itinerante, sen embargo, celebrou dúas edicións en Vilagarcía e ocasionou algunha protesta. Este ano, non se fará en Fexdega, senón en Vigo. Tamén a cidade olívica acollerá a feira da Construción que ata o de agora, levábase a cabo nas dúas cidades. Respecto ó esperado Salón Erótico do Atlántico, non se celebrará en ningures o ano próximo. Fexdega xa ten aprobado o calendario para o 2008, pendente aínda da incorporación doutros eventos. Entre eles destacan o Salón Internacional de Acuicultura, ACUI, o Vilagarcía Basket Cup, A Capital do Moble portugués e tres exposicións caninas, unha delas, internacional. Segue pendente de concretar a celebración do Salón do Automóbil e ademais, Fexdega converterá en Bi- anual o Salón de Inventos e Innovación, polo que se prevé a celebración da sexta edición, nunha ponte do mes de maio de 2009. Redacción Salnés |



VILAGARCÍA > Fexdega non celebrará as feiras de Panadería e Pastelería, a da Construción e o Salón Erótico do Atlántico, SEDA.
