Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow DEPORTES arrow O “Karting Sanxenxo” e o mundo do deporte quédase sen o Rally Dakar
 
 
O “Karting Sanxenxo” e o mundo do deporte quédase sen o Rally Dakar Imprimir Correo electrónico
Xoves, 10 Xaneiro 2008

cochedakar100vid_100108_001_copy.jpgSALNÉS > Hai xa dez días que se deu a coñece-la suspensión do Dakar, pero aínda hai quen non o cree. É unha pena porque...

... o mes de xaneiro non será o mesmo sen a desputa do raid máis mítico do mundo. É unha pena pola razón pola que se suspendeu, o terrorismo, e é unha pena porque quedámonos sen desfrutar da participación do Karting Sanxenxo Leche Río, o único coche galego que acudía á carreira.

A proba foi suspendida despois de que o grupo terrorista Al Qaeda ameazase á organización de atentar contra a carreira se é que ésta atravesaba o deserto de Mauritania. Ante esa postura non se puido facer outra cousa máis que acata-la decisión.

Este ano era a segunda ocasión na que ía a participar José López Rivas, ós mandos dun Misubishi L200. Ó seu lado, Pablo Malvar, de tan só 22 anos, o acompañaría coma copiloto.

Coma eles mesmo recoñecen, o ano pasado pecaron de inexpertos pero esta edición levaban moito tempo preparándoa e a súa suspensión foi realmente un duro golpe animíco. Agora centrarán seus esforzos en prepara-lo seguinte Dakar.

Saben que a proba está ferida de morte pero dende a organización xa se está a traballar para leva-la proba a outro lugar. Barállanse as posibilidades do Deserto do Gobi, ponte entre Europa do Este e Asia, ou viaxar a Sudamérica, á Patagonia, para cruzar Chile, Arxentina e Brasil.

Antes diso, López Rivas viaxará a Zaragoza a finais deste mes para expoñelo seu coche na Carreira de Campións e no mes de xullo desputará a Baixa España, proba puntuable para o Campionato do Mundo de Raids. Sorte.

Redacción Salnés 

 


Advertisement