Inicio arrow Noticias arrow Comarca Pontevedra arrow O BNG propón a transferencia de centros da Deputación á Xunta e Concellos
 
 
O BNG propón a transferencia de centros da Deputación á Xunta e Concellos Imprimir Correo electrónico
Martes, 15 Xaneiro 2008

mosquera100_150108_001.jpgPONTEVEDRA > O Grupo do BNG de Pontevedra fixo unha proposta ante o Rexistro, para que a Deputación transfira progresivamente...

...os Centros que desenvolven actividades que non son competencia estrita da Institución provincial. Entre eles están o Centro Príncipe Felipe, a Escola de Enfermería, o Campamento da Lanzada ou a Finca do Areeiro.

A proposta do BNG pontevedrés, entregada ante o Rexistro, consta de dúas fases. Na primeira, se transferirían os centros que non son competencia da Deputación, e poderíase iniciar a negociación de inmediato. Nesta fase irían a Escola de Enfermería, o Príncipe Felipe, o Campamento da Lanzada, a Finca Mouriscade, e a do Areeiro.

Nunha segunda fase irían os demais centros e se afrontarían as negociacións cara a final de ano. Mañá terán unha reunión na que decidirán si todo vai como acordaron na proposta, para despois presentar unha moción no pleno

Respecto ao declarado esta mañá polo Presidente da Deputación, Rafael Louzán, de comezar a promover vivenda pública, o concelleiro de ordenación do Territorio, teno moi claro: non é tampouco competencia desta institución Segundo Mosquera, que os concellos, sobre todo os de menor capacidade económica, non teñan auga e saneamento, si é competencia da Deputación, e sen embargo, non a están a levar a cabo.

Outro exemplo das actividades que debería ter a Deputación, segundo o edil de Ordenación do Territorio, é o dos bombeiros que tiñan que ter os concellos de menos de vinte mil habitantes, e que non os teñen.

Na proposta do BNG, garantir os dereitos laborais dos traballadores dos centros que acaben por transferirse, é unha prioridade e negociarase cos representantes sindicais.

Redacción Salnés

 


ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg