| Olalla Fernández cabeza de lista e Rosa Abuín, terceira, polo BNG |
|
|
| Luns, 21 Xaneiro 2008 | |
|
...ás eleccións do 9- M. A cabeza de lista será a actual deputada en Madrid, Olalla Fernández Davila. Ambas teñen como obxectivo común acadar unha maior representación de Galiza no goberno central. Era un segredo a voces, e agora xa é oficial despois de ser aprobado polas asembleas comarcais e recibir o referendo do consello nacional do BNG. Rosa Abuín, a actual concelleira de Innovación e Promoción Económica vilagarciana, será a número tres da candidatura do Bloque ao Congreso, pola comarca do Salnés. Rosa é coñecida polo seu traballo social e institucional no concello, e acadou o apoio unánime do partido. Para Abuín, que Vilagarcía e a comarca estean no número tres nas listas, é motivo de agradecemento, pola valoración do traballo feito no Concello. A partir de agora, a súa labor será facer de canle das propostas dos cidadáns. O BNG apostou por mulleres para encabezala súa lista. A Rosa Abuín, a precede Anxos Ribeiro, a voceira nacionalista no Concello de Pontevedra, e como cabeza de lista, o bloque conta coa deputada Olalla Fernández Davila, e destaca o seu traballo no ámbito económico, do traballo e do comercio. Fernández está convencida de que o BNG é a organización política que ela entende que pode representar os intereses de tódolos galegos e galegas. Ámbalas dúas candidatas coñécense ben e compartiron traballo no eido sindical, aseguran que o BNG é o único partido que pode dicir que cumpriu os seus compromisos nestes catro anos e como avance do seu programa electoral, din que aplicarán políticas que leven ao benestar das persoas, e polo tanto, dos traballadores, tendo ademais como prioridade, os cidadáns en situación de desvantaxe social. Redacción Salnés |



VILAGARCÍA > Rosa Abuín, concelleira de Innovación e Promoción Económica de Vilagarcía de Arousa, será a número tres na lista do BNG...
