Inicio arrow Noticias arrow Comarca Pontevedra arrow A Deputación apoia o parque industrial de Valga paralizado por Medio Rural
 
 
A Deputación apoia o parque industrial de Valga paralizado por Medio Rural Imprimir Correo electrónico
Venres, 09 Decembro 2005
PONTEVEDRA > O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, manifestou o seu apoio ó concello de Valga pola anulación da Xunta de Galicia do proxecto de creación do parque empresarial neste municipio. Louzán insistiu en que, dende a Deputación farase o posible para que o parque non vaia parar a outros concellos evitando favoritismos de índole político. Neste senso na Comisión de Goberno desta mañá analizaron tamén a paralización de Medio Rural doutras obras e a posta en marcha doutras novas en municipios afíns ós partidos do Goberno Autonómico.

 

 

Rafael Louzán amosaba así a súa desconformidade coa polémica decisión de Medio Rural de paralizar certas obras aprobadas polo anterior executivo autonómico, un tema que volveu ser analizado esta mañá durante a comisión. Louzán amosou así mesmo a dispoñibilidade da deputación a colaborar na construcción deste polígono no caso de que a Xunta non se retracte na súa decisión.

Redacción Salnés

 


ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg