| Comezan os carnavais mecos co xoves de Compadres |
|
|
| Venres, 25 Xaneiro 2008 | |
|
O GROVE > O xoves de Compadres deu comezo onte á noite en O Grove ó entroido meco, un dos máis rechamantes da comarca do Salnés. Varios homes do concello botaron man dos seus mellores disfraces e gozaron dunha noite festa, que se prolongou ata longas horas da noite. A noite de troula comezou onte cunha clandestina concentración dos compadres diante da praza do concello. Logo, veu a tradicional cea na casa campaña. Nela non faltaron os produtos típicos do entroido coma as orellas ou filloas, nin tampouco a música, a diversión e a sorna. Os homes mecos deron deste xeito a benvida o carnaval do concello, un dos máis populares da comarca. E na festa tamén vimos onte a algún que outro político. Supoñemos que os compadres tomarían hoxe o día libre, xa que segundo parece, a festa se prolongou ata longas horas da madrugada. E ademais, moitos deles quedaron roncos e cansos de tanto cantar e bailar. Para o vindeiro xoves, será a quenda das mulleres, que cun ritual moi similar o de onte á noite, celebrarán a noite das comadres. Redacción Salnés |




