| Segue a investigación polo intento de secuestro dunha menor |
|
|
| Mércores, 30 Xaneiro 2008 | |
|
A POBRA > Continúan as investigacións no concello da Pobra para averiguar a identidade de varios individuos que o luns intentaron secuestrar unha rapaza cando acudía a coller o autobús escolar. As forzas de seguridade están alerta xa que non foi o único caso destas características acontecido na comarca. Hai unha semana no núcleo boirés de Escarabote varios homes que viaxaban nun vehículo abordoran a dúas irmás que se dirixian caminando hacia o colexio. Malia que aínda quedan algúns datos por dilucidar, os primeiros indicios fan pensar que os tres homes que atacaron a rapaza de 17 anos tiñan a intención de secuestrala. A menor, que reside no lugar da Angustia, dirixiase ata a parada do autobús. A escaso metros da súa vivenda foi abordada por varios individuos que baixaron dunha furgoneta e que lle colocaron unha bolsa de plástico na cabeza. Segundo a información que lles facilitou a rapaza aos axentes da garda civil, ao parecer, os homes que a atacaron eran de mediana idade e falaban nun idioma extranxeiro que podería ser romanés ou portugués. Ademáis a moza indicou que fuxiron nunha furgoneta de cor branca. As investigacións céntransen agora en atopar o vehículo polo que xa se estableceron varios controis nas estradas da comarca. O suceso provocou certa intranquilidade no municipio. Moitos pais xa obtan por ir recoller aos seus fillos as paradas do autobús e os colexios. Os claustros dos centros educativos da localidade mantiveron nestes días varias xuntanzas de urxencia para adoptar medidas como a de enviar circulares a todos os proxenitores relatando o acontecido, co fin de extremar as precaucións para evitar situacións de risco. Redacción Salnés |




