Inicio arrow Noticias arrow Barbanza arrow O BNG pide que non se suprima a tarifa eléctrica nocturna
 
 
O BNG pide que non se suprima a tarifa eléctrica nocturna Imprimir Correo electrónico
Venres, 01 Febreiro 2008

tarifanocturna_100_010208.jpgBARBANZA > O BNG presentará unha iniciativa comarcal para solicitar ao Ministerio de Industria que reconsidere a decisión de suprimir a tarifa nocturna.

A suba vén dada, principalmente, porque os usuarios deberán contratar máis potencia, un dos conceptos polos que se paga no recibo da luz. O outro é o consumo de electricidade. A máis potencia contratada máis gasto.

Coa tarifa nocturna a potencia que se utiliza en horario reducido é ilimitada: por iso, o máximo consumo eléctrico concéntrase nesas horas. Deste xeito, o consumidor tan só paga a potencia mínima que precisa nas horas diurnas. Por mor deste aumento de potencia os usuarios veranse, ademáis, na obriga de cambiar os limitadores e as resistencias dos acumuladores da calefacción. Será o titutar do contrato e non a compañía electrica o que asuma estes gastos, que segundo os casos, poderian chegar ata 500 euros.

Horario de consumo

Outro cambio significativo é o horario de consumo reducido que se aplica na nova tarifa: se na nocturna é de oito horas, a partir do un de xullo aumentará ata catorce. Non obstante, os nacionalistas advirten que isto non ten porque supoñer un aforro xa que tamén hai un cambio nas bonificacións: da reducción do 55% do prezo quilowatio/hora que se aplica en horario nocturno pasarase ao 40%. Pero o que máis pode incidir en que o consumo se dispare é que o prezo do quilowatio/hora nas horas punta pasará a ser de 0,12 euros, máis dun 35% do que se paga actualmente cando se emprega electricidade fóra do horario nocturno.

Esta iniciativa dos nacionalistas estará enmarcada dentro dunha campaña que o BNG ten a intención de desenvolver en todos os concellos galegos co obxectivo de instar ao goberno central a que non elimine a tarifa eléctrica nocturna dado que tal e como aseguran os nacionalistas non existe ningunha razón lóxica para a súa supresión.

Redacción Barbanza

 


ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg