Inicio arrow Noticias arrow Salnés - Caldas arrow A Policía detén a once mozos por vender cocaína no Salnés
 
 
A Policía detén a once mozos por vender cocaína no Salnés Imprimir Correo electrónico
Martes, 05 Febreiro 2008

droga100_050208.jpgSALNÉS > Once persoas, de entre 19 e 27 anos, foron detidas esta fin de semana nunha operación contra o tráfico de drogas ...

... en Pontevedra. A Policía Nacional indica que os sospeitosos se dedicaban á venda de cocaína na comarca do Salnés, a introducir haxís en Galicia e ó tráfico de pastillas de deseño en discotecas da provincia. Nesta operación, dirixida por funcionarios da Policía Nacional de Pontevedra, interviñéronse tres quilos de haxís e 60 gramos de cocaína, droga cun valor superior ós 18.000 euros no mercado.

droga200_050208.jpgSegundo fontes policiais, as investigacións iniciáronse en outubro e a raíz das mesmas detívose preto de Tui a M.M.S., de 22 anos e veciño de Ourense. O sospeitoso conducía un BMW con 2.900 gramos de haxís en forma de belota ocultos en cartóns de leite. A policía nacional tamén descubriu que varios dos detidos se dedicaban á venta da droga de deseño MDMA en discotecas de Sanxenxo, O Porriño e Pontecesures. Ademais, A.J.E. e D.G.R., ambos de 21 anos e naturais de O Porriño, foron arrestados en Barro cuns 50 gramos de cocaína escondidos na súa roupa que viñan de comprar en Sanxenxo.

Os outros oito detidos foron capturados na noite do 1 ó 2 de febreiro. Y.M.D., de 21 anos e natural de Sanxenxo; R.C.M.C., de 26 anos e da mesma localidade; M.R.L., de 24 anos, de Vilagarcía de Arousa; M.A.F.M., de 21 anos, de Vilalonga: C.C.M., de 19 anos de Raxó; M.V.N.P., de 23 anos, de O Grove; C.O.S., de 27 anos, de Cambados; e M.A.S.M., de 22 anos, de Sanxenxo. Ademais realizáronse dous rexistros, un nun pub de Dena, en Meaño, e outro nun domicilio de Sanxenxo, nos que se incautaron 6 gramos de cocaína e 250 de sustancia de corte.

NOVA OPERACIÓN

A Garda Civil detivo na Coruña a dous mozos con 172 bolas de haxís ocultas no intestino. Os axentes levaban semanas seguíndolles o rastro, con sospeitas de que viaxaran a Marrocos a facerse cunha importante cantidade de haxís. Finalmente conseguiron collelos coa mercancía enriba nunha estrada de acceso á Coruña. Levábana unha quinta parte dun total de cinco quilos camuflada no intestino, repartida en 172 bolsiñas. Ó parecer os arrestados inxeriran uns 85 oviños de haxís cada un no norte de Marrocos. Ademais, no coche no que circulaban atopáronse catro quilos desa droga.

Os detidos, un mozo de 18 anos e natural da Coruña, e o seu compañeiro de 27 e veciño de Arteixo, foron levados a un centro hospitalario coruñés. Alí aplicóuselles un enema e non tardaron nin un minuto en expulsar as bolsiñas de haxís. Ambos xa foron postos a disposición xudicial como supostos autores dun delito contra a saúde pública. A Garda Civil considera así desarticulada definitivamente unha das importantes fontes de haxís que abastecen á cidade da Coruña e a súa área metropolitana.

Redacción Salnés

 


ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg