Inicio arrow Noticias arrow Salnés - Caldas arrow O auditorio Santa Eulalia afiánzase coma un apoio ós artistas da comarca
 
 
O auditorio Santa Eulalia afiánzase coma un apoio ós artistas da comarca Imprimir Correo electrónico
Xoves, 07 Febreiro 2008

exposicionsantaeulalia_100.jpgRIBADUMIA > Varios artistas da comarca do Salnés inauguraron esta mañá coa alcaldesa de Ribadumia, Salomé Peña, a mostra de pintura e escultura Arte no Salnés.

As obras van estar expostas dende hoxe ata o 2 marzo no auditorio de Santa Eulalia. Os seus autores son profesionais e afeccionados á pintura e a escultura de distintos concellos da comarca.

cadrosexposicion_200.jpgVinte seis cadros e cinco esculturas froito do traballo de 13 pintores e un escultor nados na comarca do Salnés, son o abanico da mostra. Algúns afeccionados e outros profesionais do sector, presentaron os seus traballos nunha exposición cuxo obxectivo é o de servir de apoio para que os artistas poidan ter un espazo no que dar a coñecer os seus traballos. Dende o concello de Ribadumia, Salomé Peña resaltou esta mañá o seu obxectivo de que o auditorio de Santa Eulalia se converta nun espazo expositivo consolidado e que serva de apoio ós artistas da comarca.

Agora só queda que a xente se achegue ata o auditorio a contemplar a riqueza artística coa que contamos na nosa propia comarca. As obras xa están agora dispostas á visita do público, e nelas mestúranse distintas escolas que van dende as temáticas máis tradicionais de paisaxes e retratos, ata novas tendencias coma a arte abstracta ou os policromismos.

Redacción Salnés

 


ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg