Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow TAMBRE arrow Susto de morte en Argalo
 
 
Susto de morte en Argalo Imprimir Correo electrónico
Martes, 12 Febreiro 2008
vandalismoargalo_12022008.jpgNOIA > A primeira hora desta mañá descoñecidos queimaron unha pancarta diante do portal dunha vivenda na parroquia de Argalo...

...propiedade dun integrante da plataforma que se opón a variante interior de Noia. Non é a primeira vez que acontece un acto vandálico de características semellantes en vivendas e propiedades de membros deste colectivo residentes nesta parroquia noiesa.

Gran susto

O propietario da vivenda, situada no lugar de Piñeiro na parroquia noiesa de Argalo, cree que os autores do incendio utilizaron algunha clase de produto inflamable para potenciar a acción das lapas. Por mor disto, resultou danado o terrazo da entrada, o sistema automático do portal e parte da columna da entrada sufriu fendas polas altas temperaturas que acadou o lume.

Outros casos

Os descoñecidos retiraron a pancarta contra o trazado da variante interior que había na ponte de Argalo, trasladárona ata a entrada da vivenda de José e alí predéronlle lume. Non é a primeira vez que acontecen un acto vandálico de similares características contra integrantes da plataforma residentes en Argalo. Un dos máis graves tivo lugar o pasado mes de setembro cando un tractor apareceu calcinado. Hai dous meses, os vándalos tamén atacaron a vivenda de Lola Arnejo.

Vehículos raiados, pechaduras forzadas ou obstruccións de tubos de escape son outras das accións levadas a cabo por estes descoñecidos. Malia todo, as vítimas destes actos vandálicos non teñen a intención de desistir na súa loita. Segundo aseverou José este tipo de accións unen aínda máis aos integrantes da plataforma.

Nova denuncia

Os veciños de Argalo esperan que as investigacións da Garda Civil den os seus froitos e en breve se deteña aos autores destes feitos. De momento, xa está interposta unha denuncia anterior presentada ante a Subdelegación do Goberno en A Coruña para que a fiscalía tome cartas neste asunto.

Redacción Barbanza

 


Publicidade canalriasbaixas.com
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg