Inicio arrow Noticias arrow Barbanza arrow Pedro Piñeiro chama "a consultas" ao Delegado de Política Territorial
 
 
Pedro Piñeiro chama "a consultas" ao Delegado de Política Territorial Imprimir Correo electrónico
Mércores, 13 Febreiro 2008

visitadelegadorianxo_100_130208.jpgRIANXO > O delegado da CPTOP, Alberto González visitou o concello de Rianxo para inspeccionar as deficiencias xurdidas dos traballos de construcción da autovía.

O desdoblamento da autovía da Barbanza está a causar prexuízos serios nalgunhas parroquias do concello de Rianxo. Ante isto, Pedro Piñeiro púxose en contacto co delegado de Política Territorial e o responsable de obras da empresa adxudicataria para esixir que se tomen cartas no asunto e non se espere ao remate dos traballos para buscarlles unha solución.

Piñeiro aludiu a gran capacidade de aguante dos veciños que asegurou levan meses soportando estas deficiencias. Asemade, o rexedor de Rianxo queixouse da falta de información por parte de Política Territorial nalgúns asuntos que preocupan aos afectados.

 Puxo como exemplo que a meirande parte de eles aínda descoñecen onde se colocarán as pantallas sónicas ou como quedarán finalmente o nivel de inclinación das pendentes nos accesos aos viadutos que cruzan a autovía.

Busca de solucións

Dende a consellería de Política Territorial, o seu delegado na provincia de A Coruña, Alberto González admitiu a existencia do que denominou efectos colaterais da execución das obras pero asegurou que se están a atender con dilixencia todas as reclamacións.

Non é a primeira vez que o delegado de política territorial acude ata o concello de Rianxo por mor das obras da autovía. Xa no mes de novembro realizou unha visita ata os lugares de Te e Monte de Dorna onde mantivo unha xuntaza con varios veciños afectados. Esta mañá desprazouse ata o lugar da Barraca, onde a nova ponte que se está a construir dificulta a entrada en varias vivendas.

González animou a concelleira de parroquias, Marisa Resúa a seguir trasladándolle os problemas que xurden polos traballos de construcción da autovía para poder buscar unha solución ao respecto.

 Redacción Barbanza

 


ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg