|
RIBEIRA > Representantes veciñais e dos grupos políticos municipais reuníronse co director xeral de Urbanismo para abordar o problema dos Areeiros.
Aínda que o problema do deslinde de Costas na zona dos Areeiros preséntase complicado trala sentenza da Audiencia Nacional rexeitando o recurso dos veciños non está todo perdido.
A xuntanza celebrada entre o director xeral de Urbanismo e representantes dos veciños afectados e do concello de Ribeira concluiu nun esperanzador achegamento entre institucións que podería facer prosperar un novo recurso presentado polos veciños.
Informe favorable
Para elo, o director xeral de Urbanismo, insta ós veciños a recompilar toda a documentación que acredite que a zona dos Areeiros era urbana antes da entrada en vigor da lei de Costas do ano 88. Unha vez reunidas as probas documentais, Ramón Lueje comprométese ó seu estudo co fin de emitir un informe favorable para a declaración dos Areeiros como zona urbana rural.
Descoordinación entre administracións
Lonxe de entrar en polémicas, a intención do colectivo veciñal A Batiola é buscar solucións que permita construír na franxa de cen metros dende a costa respectando o entorno. Aínda así consideran que esta situación é froito dunha constante descoordinación entre administracións que finalmente provocou que estas vivendas que levan décadas ubicadas na zona quedasen afectadas por Costas.
Aínda así, o presidente da asociación de veciños quixo agradecer o apoio institucional amosado polo concello de Ribeira así como tódolos grupos políticos con representación municipal que, dende un principio, posicionáronse do lado dos veciños.
Redacción Barbanza
|