SALNÉS> O Vilalonga volve a xogar na casa e desta volta recibe a un dos candidatos a a meterse na fase de ascenso, o Narón, que chega á cita terceiro. O Céltiga non xogará esta fin de semana.
| Paso importante do Inelga para asegura-la permanencia |
|
|
| Luns, 03 Marzo 2008 | |
|
Ségulle a costar gañar fora da casa ó Extrugasa. Desta volta caeron en Lleida ante o Cadi Seu D’Urgel por 81-66, resultado que fala as claras das diferencias que houbo entre os dous equipos. Pode que as vilagarciáns pagasen en exceso o eterno viaxe en autocar co que tiveron que desplazarse, por iso se cadra non se lles víu frescas na pista. Perderon o partido na primeira metade; no primeiro cuarto as cataláns xa mandaban por oito (25-17) e ó descanso por dezanove (49-30). O problema desta volta non estivo no atasco ofensivo senón no que non soe fallar, a defensa, xa que se viron desbordadas en todo momento polas xogadoras locais. As mellores do Extrugasa foron unha vez máis Kiesha Brown, que anotou 12 puntos e Agne Ciudariene que fixo 13. Na Liga EBA o Inelga continúa a súa escalada imparable. A súa última víctima foi o Recinor San Rosendo co que non tivo piedade e ó que lle endosou un severo correctivo: 79-51. Gran partido dos de Juan Espiñeira en tódalas facetas do xogo, destacou Gustavo Andújar autor de 20 puntos. Con esta victoria, a quinta consecutiva, continúan na séptima posición e mirando cada vez máis cara arriba. Unha división por debaixo o Establecimientos Otero non lle foron tan ben as cousas e caeu co Arzúa por 74-78. Os de Diego Doval perden así a segunda praza da xeral en favor do Obradoiro que sumou a súa séptima victoria consecutiva ante o Gauzón Ibérica. Resaltar tamén nesta división a paliza do líder Cafegal Pabellón o Clob Baloncesto Riazor (128-75). Redacción Salnés |







SALNÉS > Tan só os vilagarciáns foron quen de gañar esta fin de semana. O Extrugasa caeu en Lleida mentres que o Establecimientos Otero perdeu a segunda posición da xeral tras perder na casa co Arzúa.
SALNÉS>
POIO>










