Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow DEPORTES arrow O Tornado Movistar finaliza o Mundial en séptima posición
 
 
O Tornado Movistar finaliza o Mundial en séptima posición Imprimir Correo electrónico
Luns, 03 Marzo 2008

vela250_030308_001.jpgVILAGARCÍA > O Tornado Movistar, barco tripulado por Fernando Echávarri e o vilagarcián Antón Paz, ven de finalizar en séptima posición o Campionato do Mundo desta especialidade de vela, que se celebrou durante toda a semana pasada en augas neozelandesas.

A parella española completou unha excelente participación que puido ser aínda mellor de non terse suspendido as regatas da última xornada polo forte vento que sopraba.

A vindeira cita para Echávarri e Paz será en España, concretamente en Palma de Mallorca, onde os bicampións mundiais disputarán o Trofeo Princesa Sofía dos días 15 ó 21 de marzo.

Redacción Salnés

 


Os nosos bloggers
Advertisement