| Os do Tren e os veciños de Caritel irrompen no mitin do BNG |
|
|
| Xoves, 06 Marzo 2008 | |
|
PONTEVEDRA > Os do Tren e os veciños de Pontecaldelas irromperon no mitin que ofreceu onte o BNG en Pontevedra. Ó acto acudiu o portavoz nacional Anxo Quintana que optou por utilizar a porta lateral do Teatro Principal para evitar a concentración veciñal. Dentro, Quintana dirixiu críticas ó PP e pediu un BNG máis forte e decisivo en Madrid. 'Mariano Rajoy e o PP van perder as eleccións'. Así de convencido se amosou onte en Pontevedra o portavoz nacional do BNG Anxo Quintana, que arroupou ás candidatas pola provincia de Pontevedra. Quintana ofreceu argumentos para votar ó BNG pero tamén lle dedicou varias perlas a Mariano Rajoy e falou de política lingüística. Quintana acusa a Rajoy de utilizar isto para buscar réditos electorais no resto de España o que, ó seu parecer, denota o pouco respecto que lle ten a Galicia. Para os nacionalistas, a mellor resposta é ter un BNG forte en Madrid. Redacción Salnés |














