Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow Noticias arrow Barbanza arrow A Xunta adxudica o remate das vivendas de Xarás por valor de 1'3 millóns
 
 
autonmicas09_top.jpg
A Xunta adxudica o remate das vivendas de Xarás por valor de 1'3 millóns Imprimir Correo electrónico
Martes, 11 Marzo 2008

adxudicacionxaras_100_110308.jpgRIBEIRA > A Consellería de Vivenda informou da adxudicación por máis de 1’3 millóns de euros as obras de remate das 21 vivendas protexidas de Xarás.

Despois de numerosos atrancos a Consellería de Vivenda decidiu adxudicarlle á empresa Construciones Urbisega as obras de remate das 21 vivendas de protección pública que se constrúen en Xarás, no concello de Ribeira.

A parálise na súa construción por parte da anterior construtora obrigou a Vivenda a rescindirllo contrato e convocar un novo concurso para remata-los traballos, ó que se presentaron un total de catro empresas.

A empresa adxudicataria deberá facer fronte agora ás obras que restan por valor de máis de 1’3 millóns de euros. A construción contempla a realización de 7 edificios, que albergan 3 vivendas cada un, de baixo, unha planta e baixocuberta. En total son 14 dúplex cunha superficie útil de 90 metros cadrados e 4 dormitorios. Outras 6 vivendas, situadas nas plantas baixas, teñen 78,45 metros cadrados útiles e 3 dormitorios. E, por último, unha vivenda, tamén en planta baixa, de 78,70 metros cadrados útiles e 2 dormitorios adaptada para persoas con mobilidade reducida.

Axudas compensatorias

Durante o tempo no que se executen as obras de remate dos pisos de protección oficial a Consellería de Vivenda e Solo aprobou unha axuda de dous mil euros para cada unha das familias afectadas para sufraga-lo custe do alugueiro das súas actuais vivendas.

Redacción Barbanza

 


Publicidade canalriasbaixas.com
¿ Como sintonizarnos en TDT ?