Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow DEPORTES arrow Continúa a xeira negativa do Extrugasa coma visitante
 
 
autonmicas09_top.jpg
Continúa a xeira negativa do Extrugasa coma visitante Imprimir Correo electrónico
Luns, 17 Marzo 2008

baloncesto250_170308.jpgSALNÉS > Inelga e Establecimientos Otero acadaron grandes victorias nos seus respectivos compromisos. Non se pode falar de pleno de triunfos xa que o Extrugasa caeu en Zaragoza ante o Mann Filter.

Cinco partidos consecutivos, contando este último, son os que leva o Extrugasa sen gañar fóra da casa. Desta volta a derrota foi en Zaragoza, ante o Mann Filter, un equipo da parte da baixa da clasificación co que caeu por 63-59.

Coma ven sendo habitual, a derrota veu dada pola falta de acerto nos momentos clave. A medio minuto para o final do partido e dous puntos por debaixo desperdiciouse un ataque que podería ter cambiado o signo do encontro. Pero o problema estivo tamén nos 39 minutos anteriores, nunha primeira parte na que a defensa non funcionou e encaixou 40 puntos, e no atasco en ataque que fixo que as vilagarciáns só dispuxeron dunha vantaxe no marcador en todo o encontro, no segundo cuarto.

As mellores en ataque voltaron a ser Sara Gómez, con 16 puntos e Marina Kress con 14. Esta derrota non afecta ás aspiracións das de Isaac Fernández de meterse en playoff; continúan séptimas na xeral con dúas victorias de marxe sobre o noveno clasificado.

Na EBA sí que podemos falar de victoria, a do Inelga en Zamora por un axustado 69-70. Séptima victoria consecutiva dos de Juan Espiñeira que continúan a súa xeira imparable.

De tódolos xeitos, a piques estiveron de voltar coas mans baleiras debido a inoperancia dos árbitros de mesa. Estropeouse a bociña do pavillón e os cronómetros foron levados manualmente; así as cousas os zamoráns dispuxeron dunha última posesión de máis de 35 segundos que non souberon aproveitar. Ó final, a victoria veu para Vilagarcía.

A mellor nova da xornada chegou dende Cambados, onde tres semanas despois o Establecimientos Otero reencontrouse coa victoria contra o mellor rival posible, o intratable líder Cafegal Pabellón, que sucumbíu de maneira estrepitosa no Pombal por 96-69. Os de Diego Doval continúan terceiros na xeral.

Redacción Salnés

 


terceira250_120310.jpgSALNÉS> O Vilalonga volve a xogar na casa e desta volta recibe a un dos candidatos a a meterse na fase de ascenso, o Narón, que chega á cita terceiro. O Céltiga non xogará esta fin de semana.

preferente250_120310.jpgSALNÉS> Na Preferente Sur agárdanos unha xornada interesante. Por arriba continúa a estar apretadísima a clasficación polo que cada tropezo ou cada victoria de aquí ó remate da liga cobra unha maior importancia. Haberá derbi na Senra entre Ribadumia e Portonovo mentres que o Sanxenxo visita ó Barbadás e o Arousa ó Tomiño.

poio250_110310.jpgPOIO> Margarita Caldas, concelleira de deportes de Poio, presentou esta mañá a Carreira Popular por Haití que neste municipio vaise celebrar o vindeiro domingo. Ademais, levaranse a cabo varias exhibicións co obxectivo de recadar fondos para os afectados polo terremoto que sacudiu ó país caribeño o mes pasado.

Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com