Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow DEPORTES arrow Todo listo para o comezo da Vilagarcía Basket Cup
 
 
autonmicas09_top.jpg
Todo listo para o comezo da Vilagarcía Basket Cup Imprimir Correo electrónico
Martes, 18 Marzo 2008

baloncesto250_180308.jpgVILAGARCÍA > A menos de 24 horas para que dé comezo a Basket Cup ultímanse os derradeiros detalles de cara ó estreo mañá da competición. A falta de que cheguen os equipos nacionais, os estranxeiros xa pisaron Vilagarcía e adestraron esta tarde en Fexdega.

O estreo cada vez está máis preto. Xa temos a tódolos equipos estranxeiros máis á Selección Galega Xove en Vilagarcía, que onte xa se adestrou en Fexdega e hoxe xogará un partido amistoso ante o Marín. Tamén están os serbios do Mega Aqua Monta, que elexiron ó Xuventude de Cambados como equipo para medirse antes do comezo mañá da competición. Zalguiris e Kimhky de Moscú levarán a cabo respectivos adestramentos no Vilagarcía Arena.

Aínda faltan por chegar os equipos nacionais, que retrasan a súa viaxe xa que ata o xornada do xoves non entrarán en liza. Con eles chegarán moitas das promesas e futuras estrelas do baloncesto nacional, entre eles, boa parte do combinado nacional que este verán xogou o europeo sub-18 de Madrid, acompañando a Ricky Rubio.

Mañá a competición comeza ás 16:00 co encontro entre Kimhky e Mega Aqua, ó que lle seguirá o estreo da Selección Galega ante o Zalguiris. Para as 20:00 tense previsto o que será un dos pratos fortes deste días de baloncesto en Fexdega, o encontro que han de disputar as seleccións galega e española de vetaráns. Neste partido son baixas de última hora Corbalán e De la Cruz, por motivos personais no estarán na cita e serán sustituidos por outros dous xogadores de renome que elexirá hoxe a federación nacional.

Como última nota positiva destacar o record de scouts, olladores da NBA, que van asistir o torneo en busca de novos talentos. Ata oito, entres eles o dos Chicago Bulls, o dos Blazers de Sergio Rodríguez ou o dos Cavaliers de Lebron James.

Redacción Salnés

 


terceira250_120310.jpgSALNÉS> O Vilalonga volve a xogar na casa e desta volta recibe a un dos candidatos a a meterse na fase de ascenso, o Narón, que chega á cita terceiro. O Céltiga non xogará esta fin de semana.

preferente250_120310.jpgSALNÉS> Na Preferente Sur agárdanos unha xornada interesante. Por arriba continúa a estar apretadísima a clasficación polo que cada tropezo ou cada victoria de aquí ó remate da liga cobra unha maior importancia. Haberá derbi na Senra entre Ribadumia e Portonovo mentres que o Sanxenxo visita ó Barbadás e o Arousa ó Tomiño.

poio250_110310.jpgPOIO> Margarita Caldas, concelleira de deportes de Poio, presentou esta mañá a Carreira Popular por Haití que neste municipio vaise celebrar o vindeiro domingo. Ademais, levaranse a cabo varias exhibicións co obxectivo de recadar fondos para os afectados polo terremoto que sacudiu ó país caribeño o mes pasado.

Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com