Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow DEPORTES arrow Victoria agardada dun Rasoeiro que xa pensa na Copa
 
 
autonmicas09_top.jpg
Victoria agardada dun Rasoeiro que xa pensa na Copa Imprimir Correo electrónico
Martes, 01 Abril 2008

balonman250_010408.jpgGROVE > O Rasoeiro que cumplíu os pronósticos e impúxose ó Artai Poio por tan só un gol de diferencia, un resultado corto para os grovenses que amosaron ser superiores ó seu rival.

Non tivo problemas o Rasoeiro para impoñerse esta pasada fin de semana ó Artai Poio por 22-23, un resultado que non reflicte as diferencias entre émbolos dous conxuntos. Os locais, conxunto que está a loitar por evita-lo descenso, foron sempre a remolque e prácticamente non tiveron opcións de victoria dende o inicio.

Xa nos primeiros compases os visitantes amosaron a súa superioridade endosándolle ó seu rival un parcil de 1-8 que semelleba practicamente definitivo. Pero non foi así porque apareceu a relaxación e porque Lao Santos aproveitou a ocasión para que os xuvenís entrasen na cancha e disfrutasen de minutos. Por iso fóronse o descanso con igualdade no marcador, 12-12.

Na segunda metade repetíuse prácticamente o mesmo guión; os mecos aproveitaron a súa maior calidade para marcharse no electrónico nos primeiros compases e logo manter diferencias. Entraron no últimlo minuto con tres goles de vantaxe aínda que o final quedaríase en tan só un, 22-23.

Continúan con esta victoria cuartos na xeral, sen posibilidades de alcanza-ala terceira posición e coa vista posta no torneo de Copa. Antes deberán enfrontarse na penúltima xornada de liga ó Suso Fernandéz Ribeiro, equipo ó que recibirán en Monte da Vila.

Destacar nesta xornada a derrota do Cisne Grupo Pirsa por 33-31 na cancha do Balonmán Oleiros.

Redacción Salnés

 


futbolsala250_090310.jpgSALNÉS> En Fontecarmoa o Grupo Junquera sumou o seu terceiro partido consecutivo sen gañar despois de non pasar do empate  co Negreira. Peor lle foron as cousas ó Viajes Interrías que volveu goleado de Sarria.

futbol250_080310.jpgSALNÉS> Na Preferente Sur onde se vivíu a mellor xornada do que vai de temporada para os equipos do Salnés. Gañaron todos agás o Ribadumia, que era o único que non xogaba na casa e empatou a domicilio. Derrotas na Terceira de Vilalonga e Céltiga.

baloncesto250_080310.jpgSALNÉS> Na Liga EBA o Establecimientos Otero atou a permanencia logo de vencer a domicilio. Mentres en Fontecarmoa o Extrugasa acadou unha traballada victoria fronte ó Universitario de Ferrol que lle volve a colocar na terceira praza da xeral.

Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com