Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow DEPORTES arrow Os profesores do Salnés aprenden a navegar
 
 
Os profesores do Salnés aprenden a navegar Imprimir Correo electrónico
Mércores, 02 Abril 2008

 

Cada ano os profesores da Asociación Candea de ensinantes do Salnés organizan por estas datas actividades que se escapan completamente da súa labor diaria. O ano pasado foi un curso de fotografía dixital, neste quixéronse lanzar ó mar para aprender a navegar.

Desta volta ceden o seu papel de profesores ós monitores do Liceo Casino de Vilagarcía para que lles boten unha man sobre todo nestas primeiras clases. Xa no primeiro día lanzáronse ó mar para ir captando as primeiras sensación a bordo dun barco.

Pero antes houbo unha breve e concisa clase teórica. Un dos convidados a esta primeira xornada foi o bicampìón do mundo en clase tornado Antón Paz, que falou cos alumnos e solventoulles tódalas preguntas que lle lanzaron. O vilagarcián está a preparar xunto a súa parella Fernando Echavarri a súa participación nos Xogos Olímpicos deste verán.

O curso extenderase ata o vindeiro venres e no día de hoxe o propio Antón Paz estará cos alumnos para axudarlles na medida do posible. Unha boa actividade, por sorte para eles acompáñalles o tempo para comezar a meterse na dinámica estival.

Redacción Salnés

 


Os nosos bloggers
Advertisement