Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow TAMBRE arrow Serra do Barbanza propón alternativas para legalizar a planta de Servia
 
 
Serra do Barbanza propón alternativas para legalizar a planta de Servia Imprimir Correo electrónico
Mércores, 02 Abril 2008

servia_100_020408.jpgLOUSAME > A Mancomunidade da Serra da Barbanza retomou as negociacións para legalizar a planta de compostaxe de Servia.

A proximidade a un depósito de pólvora foi o fundamento principal no que se baseou a sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que declaraba ilegal a planta de reciclaxe de Lousame no ano 2005.

Dende entón, e na espera de que en calquera momento se poida executar a sentencia, a mancomunidade da Serra da Barbanza está na procura de solucións para evitar o peche das instalacións, que dan servizo a nove concellos da zona, reciclando ao día máis de 30.000 toneladas de refugallos.

Nun primeiro momento, o traslado da polvoreira ao concello de A Lama parecía ser a solución máis viable pero un conflicto xurdido cunha Comunidade de Montes está retrasando o cambio de ubicación da empresa.

Alternativas

Por este motivo, hai uns días, o presidente da mancomunidade da Serra da Barbanza, Santiago Freire mantivo unha xuntanza cos propietarios da industria para ofrecerlles alternativas que desbloqueen a situación.

Os novos emprazamentos que se barallan están situados na estrada de Confurco e no lugar de Tállara. Santiago Freire espera que no prazo máximo dun mes a empresa lles transmita a decisión que vai adoptar e que neste ano a planta de compostaxe de Servia legalice a súa situación.

Futura ampliación

Segundo afirmou o dirixente na actualidade, o peche da planta suporía un grave prexuicío para os habitantes das comarcas as que presta o seu servizo. Ademáis, sinalou Freire Abeijón, as instalacións atópanse ao límite da súa capacidade polo que sería urxente unha ampliación, algo impensable mentras non obteña a licencia correspondente.

Redacción Barbanza

 


Os nosos bloggers
Publicidade canalriasbaixas.com
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg