Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow TAMBRE arrow A falta de axudas impide a reapertura da feira de gando de Noia
 
 
A falta de axudas impide a reapertura da feira de gando de Noia Imprimir Correo electrónico
Xoves, 03 Abril 2008

feiragando_100_030408.jpgNOIA > O tenente de alcalde de Noia mantivo unha xuntanza co subdirector xeral de Gandeiría para analizar a suspensión da feira porcina quincenal.

A finais do mes de xaneiro pechaba as súas portas a feira quincenal de porcino que se celebraba dende hai décadas no concello de Noia. A denuncia foi realizada pola Agrupación de defensa sanitaria do Porcino Coruña-Sur porque o recinto non reunía as condicións hixénico-sanitarias exisible para celebrar un evento destas características.

Ademáis, unha inspección realizada no ano 2003 pola Xunta de Galicia xa advertía das irregularidades que presentaba o recinto, emprazado na explanada de San Lázaro.

Por este motivo, o concello de Noia tomou a decisión de suspender a feira xustificando a decisión en que non se cumprían ningún dos requisitos sanitarios que marca a lei.

Falta de axudas

Con todo, de momento, é improbable que a feira se retome a curto prazo xa que actualmente non existe ningún programa nin línea de axudas específicas para a construcción de recintos pechados adicados a venda de gando, tal e como lle confirmou ao mandatario noiés o director xeral de Gandeiría, Francisco Chivite co que mantivo unha xuntanza para analizar esta situación. O que sí se celebrará será a Feira cabalar anual de San Marcos.

Pola súa banda, a ducía de gandeiros afectados cren que o peche afectará tamén ao comercio da localidade, dado que a feira atraía a veciños de concellos limítrofes.

Redacción Barbanza

 


Os nosos bloggers
Publicidade canalriasbaixas.com
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg