SALNÉS> Remtaou a temporada futbolística na Terceira e na Preferente e fíxoo en xeral, con malas novas. Ó descenso do Céltiga hai unhas semanas, úníuse onte o do Vilalonga, que perde a categoría nove anos depois. Na Preferente, o Portonovo caeu en Carballiño e perdeu a posibilidade de ascender. Tamén picou o Sanxenxo que finaliza a liga quinto. O Arosa foi o único que cumpríu e xogará o playoff dos terceiros, agardando un ascenso galego a 2ª B que permita ó Salnés manter representación na Terceira División.
| O Deiro acada un ascenso tan agardado coma pelexado |
| Martes, 08 Abril 2008 | |
|
Un solitario tanto de Joaquín no minuto 15 da segunda metade deu unha victoria importantísima para o San Miguel de Deiro, que escribíu unha das páxinas máis gloriosas na historia do club. O rival era o Bamio, segundo clasificado que se gañaba colocábase primeiro; por iso viuse un partido cheo de tensión, intensidade de xogo pero sempre dentro dunha deportividade exemplar. Ó final 1-0 para os locais, victoria e ledicia para un Deiro que buscaba este obxectivo dende hai tempo e agasallo para unha afección que onte encheu as bancadas e apoiou como nunca ó seu equipo. O Deiro foi deseñado para acada-lo ascenso e así o fixo. Entre o platel xa se fala de tratar de buscar o vindeiro ano o salto a Primeira, aínda que o obxectivo será mante-la categoría e asentarse nela. Ademais, a continuidade do técnico e de moitos dos xogadores aínda está no aire. Agora é momento de desfruta-lo acadado e agardar a que remate a temporada cun último partido intrascendente en Armenteira no que o técnico Ricardo Dios pretende darlle minutos ós xogadores que menos disfrutaron deles durante a presente temporada. Redacción Salnés |


BARBANZA> A carreira, organizada pola Federación Galega de Ciclismo e co patrocinio da Deputación da Coruña, arrancará o vindeiro venres 24 de maio en Padrón.
BOIRO> O empate a uns en Mugardos lévaos 22 anos despois á categoría nacional pola que levan tempo loitando.

