| Manuel Ruíz non renuncia a concesión dun rexistro da propiedade en Ribeira |
|
|
| Xoves, 10 Abril 2008 | |
|
O deputado popular criticou ao goberno galego porque este se comprometera, hai xa máis de dous anos a pedir ao Ministerio de Xustiza un rexistro da propiedade para Ribeira, despois de que o Parlamento aprobase por unanimidade unha proposición presentada pola partido popular en relación a este tema. Segundo argumentou Ruíz Rivas a Ribeira lle corresponde ter este servizo, dado que é o concello que concentra o maior número de servizos de ámbito comarcal ao tempo que rexistra un importante movemento inmobiliario. Promesas incumpridas Ademáis, dixo Ruíz Rivas, non é a primeira vez que o executivo de Pérez Touriño incumpre as súas promesas en relación a comarca da Barbarza. Aínda non se deu luz verde a algunha das iniciativas presentadas ata o momento polo deputado popular e que contaron co visto bo do Parlamento.
O deputado lembrou que o concello de Ribeira xa iniciara, na década dos noventa, os trámites necesarios para acadar este servizo e que o expediente recibiu, daquela, o informe favorable da Xunta de Galicia. Accións reividicativas Por este motivo, Ruíz Rivas non desbota emprenderen vindeiros meses unha campaña de recollida de sinaturas e busca de apoios entre entidades e empresas da bisbarra da Barbanza co fin de instar ao goberno galego a que leve a cabo os compromisos contraídos.
Redacción Barbanza |



RIBEIRA> O voceiro parlamentario do PPdeG, Manuel Ruíz esixe ao goberno galego que cree un rexistro da propiedade en Ribeira
