Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow PONTEVEDRA arrow Touriño convoca nunha xuntanza ós catro Presidentes das Deputacións galegas
 
 
Touriño convoca nunha xuntanza ós catro Presidentes das Deputacións galegas Imprimir Correo electrónico
Xoves, 10 Abril 2008

rafaellouzan_100.jpgPONTEVEDRA > O Presidente da Xunta convocou nunha xuntanza ós catro Presidentes das Deputacións galegas para o vindeiro luns. Aínda non se sabe cales ...

... van a ser os temas a tratar na reunión, pero o titular da institución pontevedresa, xa adiantou as cuestións que pensa trasladarlle a Emilio Pérez Touriño.

A xuntanza do próximo luns será a primeira que o Presidente da Deputación de Pontevedra manterá co Presidente da Xunta dende hai case uns tres anos, ó pouco de que Emilio Pérez Touriño tomara o cargo coma xefe do executivo galego. Porén esta reunión, cualificada por Rafael Louzán coma a catro bandas, non satisface ó titular do organismo provincial.

 E é que Pérez Touriño recibirá de xeito conxunto ós catro Presidentes das Deputacións galegas, en vez de manter unha entrevista de xeito individual, que Louzán asegurou esta mañá leva pedindo dende hai tempo de xeito infrutuoso, malia que si lle fora concedida ós responsables das Deputacións de Lugo e A Coruña.

Así e todo Louzán vai aproveitar a reunión para trasladarlle a Emilio Pérez Touriño a súa preocupación sobre cuestións relativas á provincia de Pontevedra. Entre estes temas atópanse iniciativas que a Deputación vai comezar a elaborar e nas que espera recibir un apoio da Xunta, coma son o proxecto museístico do Museo de Pontevedra ou creación dunha facultade de Enoloxía na cidade.

Pero Rafael Louzán tamén vai aproveitar a xuntanza para pedirlle ó Presidente da Xunta unha maior implicación en temas coma a xestión dos parques de bombeiros, as melloras no Hospital de Montecelo ou a creación dun acordo entre ámbalas dúas institucións para a mellora das estradas autonómicas e provincias de Pontevedra.

Para o Presidente da Deputación tamén será necesario acadar na xuntanza deste luns unha maior coordinación en infraestruturas coma o Polígono Industrial de Barro – Meis, ademais de coñecer cal é a situación pola que está a atravesar o Pacto Local firmado entre a Xunta e a Fegamp, ou a Área Metropolitana que no seu momento se anunciara entre Pontevedra e Vigo, e que segundo Louzán, quedou en nada.

Redacción Salnés

 


Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg