Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow DEPORTES arrow A asegurar o playoff . A soñar co playoff.
 
 
autonmicas09_top.jpg
A asegurar o playoff . A soñar co playoff. Imprimir Correo electrónico
Venres, 11 Abril 2008

baloncesto250_110408.jpgSALNÉS > Extrugasa e Inelga reciben a dous complicados rivais coma Olesa e Domo Oviedo. Dúas victorias achegarían a ambos equipos ós seus respectivos obxectivos.

Derradeiro paso para o Extrugasa de cara a meterse no playoff. Unha victoria as meterá nas eliminatorias na loita polo título. O rival é o Olesa Barcelona, perseguidor na xeral das vilagarciáns con dúas victorias menos.

De gañar, tan só quedarían dúas xornadas por diante e ás catalanas seríalles imposible alcanzalas. No precedente desta temporada o Extrugasa saíu victorioso, por 65-73, nun gran partido de Leslie Ardon e Sara Gómez dende o perímetro. A gran amenaza por parte do Olesa será Lee Coe Willingam, a mellor xogadora segundo as frías estadísticas. 19 puntos e 11 rebotes por partido que a convirten na mellor valorada, cunha media de 23 puntos nos 23 encopntros que se levan disputados. Pero tamén a semana pasada pasou por Fontecarmoa unha das mellores xogadoras interiores da competición como a brasileira Kelly dos Santos, e seu equipo sucumbíu por 36 de diferencia.

Se volta a intensidade defensiva e non desaparace o acerto no xogo exterior que se deixou ver nos últimos encontros, as de Isaac fernández poden facer valer o factor cancha e sentenciar seu pase ó playoff. O partido será mañá ás 19:30.

O playoff tamén o busca o Inelga, aínda que está máis complicado. Tamén en Fontecarmoa se verán as caras probablemente os dous mellores equipos da competición nos últimos dous meses: os vilagarciáns, que acumulan nove victorias seguidas, ante o Domo Residencial Oviedo, líder da EBA e que leva sete semanas invicto. Prevese por tanto un partido duro e pelexado; tamén en Fontecarmoa o domingo ás 12:00.

Unha división por debaixo o Establecimientos Otero parte coma favorito mañá no Pombal ante o Hotel Villamartín Vilalba; será ás 19:00.

Redacción Salnés

 


terceira250_120310.jpgSALNÉS> O Vilalonga volve a xogar na casa e desta volta recibe a un dos candidatos a a meterse na fase de ascenso, o Narón, que chega á cita terceiro. O Céltiga non xogará esta fin de semana.

preferente250_120310.jpgSALNÉS> Na Preferente Sur agárdanos unha xornada interesante. Por arriba continúa a estar apretadísima a clasficación polo que cada tropezo ou cada victoria de aquí ó remate da liga cobra unha maior importancia. Haberá derbi na Senra entre Ribadumia e Portonovo mentres que o Sanxenxo visita ó Barbadás e o Arousa ó Tomiño.

poio250_110310.jpgPOIO> Margarita Caldas, concelleira de deportes de Poio, presentou esta mañá a Carreira Popular por Haití que neste municipio vaise celebrar o vindeiro domingo. Ademais, levaranse a cabo varias exhibicións co obxectivo de recadar fondos para os afectados polo terremoto que sacudiu ó país caribeño o mes pasado.

Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com