Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio
 
 

Calizamar dispón dun prazo de tres meses para eliminar os olores a través dun sistema de descompresión

BOIRO > O concello de Boiro dou un novo prazo de tres meses para que a empresa Calizamar elimine definitivamente os malos cheiros que afectan ós veciños. Os directivos da fábrica porán en marcha un plan de acción para erradicar definitivamente a emanación dos olores. De non ser efectivo no mes de abril, o concello ordeará o seu peche definitivo.

  

 + máis

 
Publicidade canalriasbaixas.com
O CIM de Ribeira organiza unha xornada sobre a violencia de xénero Imprimir Correo electrónico
Venres, 16 Decembro 2005

RIBEIRA > O Auditorio Municipal de Ribeira foi o escenario no que se desenvolveu durante todo o día do venres a I Xornada sobre a Violencia contra as Mulleres organizada polo Centro de Información á Muller. Con esta xornada o CIM de Ribeira continúa cos actos de concienciación social para denuncia-la violencia de xénero que sofren as mulleres.

A xornada organizada polo Centro de Información á Muller de Ribeira e que se desenvolveu no  Auditorio Municipal da localidade estaba especialmente dirixida a profesionais que polo seu traballo teñen relación coa violencia de xénero, aínda que puideron asistir tódalas persoas que o desexaron.

O acto de apertura tivo lugar ás nove e media da mañá, coas intervencións da Directora do Servizo Galego de Igualdade, Ana Luísa Bouza Santiago, e a Concelleira de Igualdade, Servizos Sociais e Maiores, María Esther Patiño.

Xa as dez, as xornadas continuaron cun relatorio a cargo do Maxistrado da Audiencia Provincial da Coruña, Ángel Judel Prieto que versou sobre as novidades que introduce a nova lei integral de medidas contra a violencia de xénero, atendendo á apliación páctica dende os tribunais.

Posteriormente as xornadas continuaron con outra charla do Fiscal en asuntos de violencia dos Xulgados de Santiago e unha mesa redonda titulada “Iniciativas e retos institucionais”, na que se pretendía analizar dende unha triple perspectiva este problema: no ámbito educativo, na administración a na policía.

As xornadas continuaron pola tarde con dúas novas charlas, a primeira delas impartida polo coordinador do programa de atención psicolóxica ás vítimas de violencia de xénero e a segunda polos responsables na cárcere de Pereiro de Aguiar en Ourense do programa de tratamento para internos condenados por delictos relacionados coa violencia doméstica.

As seis e media tivo lugar tamén outra mesa redonda sobre os servizos de atención ás vítimas de malos tratos.

O encargado de poñe-lo peche ás xornadas foi o propio alcalde, Xosé Luís Torres Colomer, para dar paso logo a un concerto a cargo do grupo de mulleres de étnia xitana “Kachi Kalí”.

 

Redacción Ribeira

 


Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
CORPORATIVO
CANALRIASBAIXAS xa en TDT

CANALRIASBAIXAS estrea unidade móbil  

unidad_mobil_recortada_100.jpg

DEPORTES
Deporte Rías Baixas

balonman250_080109.jpgSALNÉS > Rasoeiro e Albariño Agnusdei disputarán esta fin de semama o seu primeiro partido da segunda fase na que deberán loitar por non descender de categoría.

adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
Últimas participacións
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg