Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow PONTEVEDRA arrow Telmo Martín propón dotar de catro carrís a nova ponte do Lérez
 
 
Telmo Martín propón dotar de catro carrís a nova ponte do Lérez Imprimir Correo electrónico
Venres, 11 Abril 2008

rafaellouzan_telmomartin_100.jpgPONTEVEDRA > Esta mañá reuníronse o Presidente da Deputación de Pontevedra e o líder dos populares pontevedreses para analizar as suxestións que este grupo ...

... lle expuxo ó proxecto da nova ponte sobre o río Lérez. Unha xuntanza prevista nun comezo para o luns, pero que tiveron que adiantar ante á convocatoria feita dende a Xunta ós Presidentes das Deputacións galegas para ese día. As propostas do Partido Popular ó proxecto da nova ponte do Lérez entre as glorietas de Monteporreiro e a estrada de Campo Lameiro, a PO-223, centraron a xuntanza desta mañá entre o portavoz dos populares e o Presidente da Deputación. Para Telmo Martín, trátase dunha obra de futuro, que coma tal, debe contar con catro carrís de circulación. Esta é a principal achega do grupo popular á infraestrutura, á que se unen outras coma un carril bici e dúas beirarrúas.

Rafael Louzán comprometeuse esta mañá a estudar as propostas do Partido Popular de Pontevedra, que serán analizadas polos servizos técnicos e xurídicos do organismo provincial. Unhas achega que cualificou de positivas e que segundo Louzán, non supoñerán un aumento significativo do custe da infraestrutura, a pesares de que esta puidese duplicar o seu número de carrís. Tampouco alterarán o concurso que a Deputación xa puxo en marcha, nin lle afectarán ás propiedades lindeiras. A Deputación tamén está a estudar agora as suxestións enviadas dende o concello de Pontevedra.

César Mosquera, edil de Infraestruturas, defende a humanización da ponte, con beirarrúas e zonas cubertas que resgarden ós peóns da chuvia, pero tamén criticou a proposta do Partido Popular, xa que con ela se concentraría todo o tráfico do norte de Pontevedra, na zona de Monteporreiro. A Nova Ponte custaralle uns 19 millóns de euros á Deputación de Pontevedra, quen asegurou esta mañá que con actuacións coma esta se converten na institución pública con máis inversión real na cidade.

Redacción Salnés

 


Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg