Inicio arrow Noticias arrow Salnés - Caldas arrow Morre en Cambados un mozo de 25 anos por unha presunta sobredose de heroína
 
 
Morre en Cambados un mozo de 25 anos por unha presunta sobredose de heroína Imprimir Correo electrónico
Luns, 14 Abril 2008

opombal2_100.jpgCAMBADOS > O mozo de 25 anos que faleceu onte en Cambados por unha presunta sobredose será soterrado mañá en Rois, de onde é natural.

O outro mozo que se atopaba con el no coche aínda está ingresado en estado grave no Hospital Universitario de Santiago de Compostela, mentres que o cambadés implicado neste mesmo suceso permanece detido por tráfico de drogas.

Nesta zona do Pombal en Cambados estaba estacionado onte o coche onde se atopaba o falecido, Álvaro Tubío. Segundo parece a súa morte foi provocada por unha sobredose de heroína, sustancia da que se atoparon varios restos no automóbil. O seu aspecto no interior do automóbil alertou a uns veciños do lugar, por onde pasea habitualmente moita xente. Un deles foi quen chamou á Garda Civil.

Canda o falecido, estaban outros dous mozos, que foron trasladados ó Hospital do Salnés, onde os atenderon por unha sobredose de drogas. Só un deles estaba consciente cando chegaron os servizos do 061 e Protección Civil. Agora só permanece ingresado un deles, natural ó igual que o falecido, da localidade coruñesa de Rois. Está en estado en grave, no Universitario Hospitalario de Santiago de Compostela, a onde foi trasladado.

O outro home, Tito Serantes, ten 34 anos e é veciño de Cambados. Xa foi dado de alta onte, tralo cal foi detido pola Garda Civil, a espera de pasar a disposición xudicial. Está acusado de tráfico de drogas, ó atoparse no interior do automóbil uns 200 gramos de heroína. Segundo parece xa foi atendido en ocasións anteriores polo consumo de estupefacientes.

A autopsia e a análise da droga incautada dentro do vehículo determinarán as causas da morte de Álvaro Tubío Castelo, que xa foi trasladado do instituto anatómico forense de Pontevedra, ata Rois, onde será soterrado mañá.

Redacción Salnés

 


ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg