SALNÉS> O Vilalonga volve a xogar na casa e desta volta recibe a un dos candidatos a a meterse na fase de ascenso, o Narón, que chega á cita terceiro. O Céltiga non xogará esta fin de semana.
| O Rasoeiro empata en Camariñas e culmina unha gran temporada |
|
|
| Martes, 15 Abril 2008 | |
|
Final feliz para un temporada que tardará en esquencerse. Durante moitos partidos soñouse incluso cun posible ascenso de categoría, que despois, tras moitas lesións e por moitos factores que incidiron no xogo dos grovenses, non se puido acadar. O equipo foi quen de asegura-la permanencia moi cedo e afrontou sen presión gran parte da liga. No derradeiro encontro, xa sen nada en xogo, o Rasoeiro desplazouse a Camariñas, para enfrontarse a un rival da zona media da táboa. E precisamente por iso víuse un partido moi relaxado no que ambos adestradores aproveitaron para darlle entrada ós xogadores menos habituais nesta campaña. O partido non tivo moita historia; foi igualado durante os sesenta minutos, con vantaxes que nunca superaban os dous goles, e que decidíuse co cronómetro a cero, cando Bruno executou un tiro directo que puxo o empate final (28-28). Precisamente Bruno foi o máximo goleador do encontro con oito tantos. Agora xa se pensa na Copa; Monte da Vila acollerá o sábado o encontro de cuartos de final que os ha de enfrontar ó Portadeza Lalín. Os xogadores mecos agardan con ilusión a chegada deste torneo que pode poñerlle a guinda a este magnífico ano. Nesta mesma división o equipo pontevedrés do Cisne Grupo Pirsa caeu por dez goles de diferencia na cancha do campión de liga, o Peguform por 35 -25. deste xeito, o Cisne remata a liga en sexta posición. Redacción Salnés |







GROVE > O Rasoeiro ven de remata-la mellor temporada da súa historia ó quedar cuartos na Liga. Os de Lao Santos empataron no último encontro ligueiro na cancha do Camariñas e agora xa pensan en facer un bo papel na Copa.
SALNÉS>
POIO>










