| Un Pacto Local do Emprego estancado segundo o PP |
|
|
| Martes, 15 Abril 2008 | |
|
... para analizar a situación pola que está a pasar o Pacto Territorial do Emprego da comarca. Un plan que segundo o PP, está agora estancado. O Pacto Territorial do Emprego posto en marcha pola Xunta para catro comarcas galegas, unha delas o Salnés, atópase segundo o Partido Popular, paralizado. A asociación que tiña que crearse na comarca da Arousa para a definición das políticas de emprego da zona aínda non existe. Pero dende o Partido Popular tamén criticaron esta mañá os fins que tería dito colectivo, integrado por concellos, empresarios e sindicatos, no deseño das políticas laborais, que segundo o PP, que deberían correr exclusivamente a cargo da Consellería de Traballo. Outra das críticas dos populares ó Plan Territorial do Emprego, é que este se deseñou atendendo a criterios puramente políticos, xa que os concellos elixidos son, segundo o PP, de maioría socialista. Porén no caso do plan do Salnés, onde se inclúen as localidades de Valga, Pontecesures e Catoira, e se exclúe a Sanxenxo, 7 dos 11 concellos están gobernados polo Partido Popular. O Plan Territorial do Emprego do Salnés presentouse en Vilagarcía o pasado mes de xaneiro. O seu fin é o de acadar unha maior participación e consenso entre tódalas forzas políticas e sociais da comarca para elaborar as políticas laborais. Porén, malia as boas intencións, o proxecto quedou agora estancado a xuízo do Partido Popular. Redacción Salnés |



VILAGARCÍA > Esta mañá varios alcaldes e portavoces municipais do PPdeG do Salnés reuníronse coa portavoz de Traballo do partido , Beatriz Mato, ...
