| Faldriqueira abrirá o ciclo de música "Cultura Vai 4 x 4" |
|
|
| Mércores, 16 Abril 2008 | |
|
...Treixadura entre outros. O ciclo de concertos enmarcase dentro do circuíto Cultura Vai 4 por 4 promovido pola Consellería de Cultura. O conxunto de concertos arranca este venres e as entradas xa están á venta en Caixanova cun custe de 3 a 5 euros. A dirección xeral de creación e difusión cultural da Xunta de Galicia pon en marcha por segundo ano consecutivo o Circuíto Cultura Vai 4 por 4 Unha serie de iniciativas que neste caso plásmanse en forma de música tradicional, folk e Jazz. No teatro principal de Pontevedra presentarase a oportunidade de gozar 5 desas actuacións que percorrerán 13 concellos de toda a comunidade coa fin de promover os valores artísticos. Este venres 18 comeza a primeira delas, coa actuación do grupo Faldriqueira . Fia na Roca será o vindeiro 25 . Treixadura o 24 de Maio e Quenpallou actuará o 31 de Maio. Dende o Concello de Pontevedra queren destacar a importancia desta iniciativa cultural para a cidade de Pontevedra, como unha alternativa de ocio para gozar da música tradicional rexenerada. Circuíto Vai 4por 4 quere poñer en valor o traballo artístico e pola profesionalización do sector musical galego. As entradas xa están a venta en Caixanova co custe de 3 a 5 euros Redacción Salnés |




PONTEVEDRA > O "Teatro Principal" de Pontevedra acollerá dende o 18 de Abril ata o 31 de Maio as actuacións de Faldriqueira, Fía na Roca e ...









