Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow Noticias arrow Barbanza arrow O BNG apoiará ós afectados para conseguir a retirada do parque de Laxe Brava
 
 
autonmicas09_top.jpg
O BNG apoiará ós afectados para conseguir a retirada do parque de Laxe Brava Imprimir Correo electrónico
Mércores, 16 Abril 2008

bnglaxebrava_100_160408.jpgRIBEIRA > O BNG manifestou a súa oposición ós argumentos esgrimidos por Pesca para rexeitar a retirada do parque de Laxe Brava do Plan Acuícola.

Mentres que a retirada do polígono de Couso e a redución da planta de Seráns foron recibidas de xeito moi positivo polo BNG, os representantes da formación nacionalista en Ribeira califican de inaceptable o mantemento da piscifactoría prevista na Laxe Brava, en Corrubedo.

Argumentos cuestionables

A súa voceira, Dominga Brión, pon en cuestión os argumentos que, segundo a Consellería de Pesca, xustifican a necesidade deste parque. Entre eles, a creación de emprego, posto que non se especifica o número de postos de traballo nin as condicións ou a compatibilidade da actividade acuícola con outras a desenvolver na zona.

Os nacionalistas destacan ademais a afección que a actividade da factoría terá sobre os recursos pesqueiros e marisqueiros así como o impacto ambiental nun entorno virxe e de alto valor ecolóxico que chocaría mesmo co futuro desenvolvemento do parque natural de Corrubedo.

Todas estas razóns engádense á forte contestación social que tivo o proxecto; polo que o BNG seguirá a apoiar ós afectados co fin de conquerir a retirada da plante de Corrubedo do Plan Acuícola de Galicia.

Redacción Barbanza

 


Publicidade canalriasbaixas.com
¿ Como sintonizarnos en TDT ?