| As artes marciais chegan a Vilagarcía da man do Kenpo |
|
|
| Xoves, 17 Abril 2008 | |
|
É a primeira vez que un campionato deste nivel e destas características visita Vilagarcía. Será o Trofeo Cidade de Vilagarcía de Kenpo, que durante esta fin de semana, sábado e domingo, se disputará en Fontecarmoa. Máis de 400 participantes chegarán non só de toda España, senón de todo o mundo. O Kenpo é un arte marcial, do que provén o kárate, que pasa por ser na actualidade unha das disciplinas máis duras e complexas. Do Club Kempo de Vilagarcía participarán entre 40 e 50 competidores que tentarán facelo na casa tan ben como o soen facer cando saen a competir fóra; sempre acadan medallas. O campionato comezará o sábado pola mañá ás 09:30, e competirase en modalidade de katas, defensa persoal e katas con armas. Xa pola tarde realizaranse eliminatorias de combate, tanto en categoría junior como de cinturóns marrón e negro. Os que se clasifquen, pola noite participarán nunha velada que será o forte do campionato. Para o domingo quedarán as finais en categoría infantil que darán paso á posterior entrega do trofeos sobre as dúas da tarde. O campionato pecharase pola tarde despois de que tódolos participantes e afeccionados que queiran, poidan desfrutar dunha degustación de productos típicos galegos. Dende a organización do torneo faise un chamamento a todos aqueles que queiran desfrutar desta competición, pouco coñecida aínda, pero moi espectacular. Redacción Salnés |














